Volver ao contido

Inscripción de persoa xurídica española

1 Para iniciar os trámites de inscrición recoméndase empezar pola obtención do documento de "bastanteo da escritura de apoderamento", documento que será emitido por un letrado/a da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Trátase dun documento que acredita a suficiencia do poder para actuar en nome e representación da empresa na realización de actuacións relacionadas coa contratación administrativa.

Para tramitar dito documento pódese poñer en contacto coas seguintes unidades da Asesoría Xurídica que lle indicarán que documentación debe levar para o trámite:

- Asesoría Xurídica Xeral (Santiago):                      981 545 876
- Asesoría Xurídica de Facenda (Santiago):         981 544 120
- Asesoría Xurídica Territorial de A Coruña:        981 182 410
- Asesoría Xurídica Territorial de Lugo:                 982 294 963
- Asesoría Xurídica Territorial de Ourense:          988 386 988
- Asesoría Xurídica Territorial de Pontevedra:   986 805 311

Compre indicarlle que a obtención deste documento ten asociada unha taxa (co código 300600) que, previamente á cita co asesor/a xurídico/a, deberá xestionar seguindo as indicacións contidas neste documento.

Nota: Lembre imprimir o xustificante de ter feito o pagamento porque llo requirirán no momento da emisión do documento.

 

2 Para completar o expediente de inscrición debe xuntar, ao documento de bastanteo anterior, a seguinte documentación:

  • Copia electrónica auténtica da escritura de constitución da empresa, escritura de apoderamento e/o calquera outra escritura modificativa das características básicas da empresa. Todas as escrituras deberán estar inscritas no Rexistro mercantil. (Que son as copias electrónicas auténticas?)
    A conversión das escrituras públicas e do documento de bastanteo de poder en copias electrónicas auténticas as realizan as Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia ou rexistro público de entidades locais (Deputación o concello) ou da Administración Xeral do Estado. Para facer a xestión nas Oficinas da Xunta pode pedir cita aquí.
  • No caso de opoñerse a súa consulta por parte da Administración, deberá aportar certificados de non ter débedas coa Axencia Tributaria Estatal (AEAT), a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e a Seguridade Social (SS), expedidos a efectos da Lei 9/2017, de Contratos do sector público. Estes tres documentos, como levan código de verificación electrónica (CVE) non é preciso que sexan copias electrónicas auténticas.
  • Certificado de situación no censo no que se acredite alta actual no Imposto de Actividades Económicas. Este documento, como leva código de verificación electrónica (CVE) tampouco é preciso que sexa copia electrónica auténtica.
  • Copia simple dos xustificantes do pago do IAE do último exercicio ou, de ser o caso, declaración asinada de estar exento do seu pagamento. Pódese obter o modelo de concorrer nas causas de exención do imposto aquí: Declaración de exención do IAE.
  • Declaración do/da apoderado/a, administrador/a ou concelleiro/a delegado/a de non incorrer en prohibicións para contratar coa Administración, de conformidade co artigo 71 da Lei 9/2017 do 8 de Novembro, de Contratos do sector público debidamente asinada. Pode obter o modelo de declaración aquí: Declaración art. 71

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO REXISTRO

Na sede electrónica da Xunta de Galicia pode acceder a dúas formas de presentación: en LIÑA e PRESENCIAL.

 

A. PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE EN LIÑA

Se toda a documentación a ten, segundo se indicou anteriormente, en formato electrónico válido, esto é, escrituras e bastanteo do poder en copia electrónica auténtica, certificacións tributarias e da Seguridade Social con código de verificación electrónica (CVE) e declaracións do/a interesado/a con sinatura electrónica pode presentala en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia xunto coa solicitude normalizada do procedemento (FA701A) que atopará na sede electrónica da Xunta de Galicia e que deberá ser debidamente cumprimentada e asinada electrónicamente.

 

B. PRESENTACION PRESENCIAL

Se non ten a documentación neses formatos electrónicos deberá cumprimentar e imprimir o modelo de solicitude normalizada do procedemento (FA701A) que pode obter aquí e, unha vez asinado,  presentalo nun rexistro administrativo de xeito presencial coa documentación relacionada, . Pode ser en algunha das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia, o en cualquier oficina integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (Que é o SIR?).

No rexistro deberá obter a copia electrónica auténtica das escrituras e do bastanteo do poder con carácter previo ao envío electrónico. Unha vez obtidas, as presentará, coa demais documentación para ser remitida en formato electrónico a esta Unidade (A12X00251 - SERVIZO DE APOIO TÉCNICO E ADMINISTRATIVO) vía Rexistro electrónico da Xunta de Galicia (REXEL) indicando o código de procedemento 701A.

 

 

Acceso á sede electrónica da Xunta de Galicia