Volver ao contido

Programación FEDER Galicia 07-13

Co obxecto de adaptar a estratexia deseñada no Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013 aos cambios socioeconómicos importantes que puidesen suceder durante o período subvencionable, ou como consecuencia de dificultades de aplicación do propio PO, ou para atender a cambios substanciais das prioridades comunitarias, nacionais ou rexionais, ou en función da elaboración de determinados informes de avaliación relacionados co programa, ou se se detectase unha desviación significativa dos obxectivos fixados nun principio, pódese levar a cabo unha revisión ou unha modificación do contido do propio PO, que deberá ser aprobado polo correspondente Comité de Seguimento, de acordo co establecido no Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, de 11 de xullo de 2006.


Neste apartado pódense consultar as distintas versións modificadas do documento PO FEDER Galicia 2007-2013 que foron aprobadas pola Comisión Europea ao longo do período.

 

 

 

Union Europea