Volver ao contido

Tributos

Modificación dos datos inscritos

Modificación dos datos inscritos

AVISO IMPORTANTE PARA A
PRESENTACIÓN  ELECTRÓNICA

As escrituras públicas e o bastanteo do poder, salvo  que este sexa emitido
en formato electrónico, deberán ser remitidos como copias electrónicas
auténticas*, non sendo válidos os documentos escaneados.

As declaracións remitidas electrónicamente deberán vir asinadas con
sinatura electrónica.

*  A expedición e remisión das copias electrónicas auténticas poderá realizarse, a través, de calquera Rexistro público da Xunta de Galicia ou en calquera oficina integrada no SIR (Sistema integrado de Rexistros), presentando os orixinais dadocumentación (para o escaneo das escrituras e bastanteo), con carácter previo ao envío electrónico.

No caso de que o interesado desexe obter unha copia electrónica auténtica para que poida ser usadas en calquera outro trámite con carácter indefinido por calquera medioelectrónico, deberá acudir a unha das oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) e aboar a correspondente taxa.

 

As persoas físicas ou xurídicas que se atopen na situación de inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas, están obrigadas a poñer inmediatamente en coñecemento do Rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados:

  • Toda alteración substancial, especialmente as que se refiren ó obxecto social ou á personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
  • As modificacións que afecten á representación conferida (apoderados, administradores, conselleiros) ou á personalidade do contratista.
  • Incorrer en calquera causa de prohibición para contratar coa Administración.

Requisitos e documentación::

Solicitude modelo 701B ou escrito de remisión no que se faga constar os datos da sociedade, representante e motivo da modificación.
Documentación acreditativa da modificación solicitada.

  1. Cando nunha empresa se produzan modificacións formalizadas en escritura pública (cambio de denominación, modificación de capital social, modificación de obxecto social, etc...) deberase presenta-lo impreso modelo 701B e as escrituras correspondentes inscritas no Rexistro Mercantil.
  2. Se se quere modificar algunha referencia relativa ao IAE, a empresa presentara xustificante do seu pagamento, así como, en calquera momento dar de baixa ou alta tódolos epígrafes que crea  conveniente, presentado escrito de baixa ou modelo oficial de baixa/alta.
  3. Se se queren realizar a modificación de apoderados, administradores ou conselleiros delegados, estarase ao seguinte:
    1. Se desexan incluír a un novo representante:
      • Modelo 701B
      • Escritura de apoderamento ou de nomeamento de administradores ou conselleiros, segundo o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, ou no rexistro que corresponda segundo a súa forma xurídica.
      • Bastanteo da Escritura de apoderamento ou da Escritura de nomeamento de administrador ou conselleiros, segundo o caso. Trátase dun documento emitido por un letrado/a de a Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, que acredita a suficiencia do poder para actuar en nome e representación da empresa na realización de actuacións relacionadas coa contratación administrativa.
        Para tramitar este documento pódese poñer en contacto coas seguintes unidades da Asesoría Xurídica que lle indicarán que documentación debe achegar para o trámite:
        • Asesoría Xurídica Xeral (Santiago): 981 545 876
        • Asesoría Xurídica de Facenda (Santiago): 981 544 120
        • Asesoría Xurídica Territorial da Coruña: 981 182 410
        • Asesoría Xurídica Territorial de Lugo:  982 294 963
        • Asesoría Xurídica Territorial de Ourense: 988 386 988
        • Asesoría Xurídica Territorial de Pontevedra:  986 805 311
      • Declaración do/da apoderado/a, administrador/a ou conselleiro/a delegado/a de non incorrer en prohibicións para contratar coa Administración, de conformidade co artigo 71 da Lei 9/2017 do 8 de Novembro , de Contratos do sector público debidamente asinada electronicamente. Pode obter o modelo de declaración aquí: Declaración art. 71
    2. Para dar de baixa un apoderado:
      • Modelo 701B
      • Escritura de revogación de poder inscrita no Rexistro Mercantil.
  4. Se desexan modificar a denominación ou domicilio social:
    • Modelo  FA701B.
    • Escritura pola que se efectúa o cambio de denominación/domicilio social.
    • Tarxeta de identificación fiscal na que conste o novo domicilio/denominación.
  5. Certificados tributarios ou de Seguridade Social:
    • Escrito no que se consten os documentos que aportan.
    • Certificado correspondente (non son válidos os negativos)
  6. Certificado de clasificación:
    • Modelo 701-b
    • Certificado de clasificación emitido pola "Junta Consultiva de Contratación Administrativa" do "Ministerio de Economía y Hacienda" (teléfono 914261208)

 

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN NO REXISTRO

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE EN LIÑA

Se toda a documentación tena, segundo indicouse anteriormente, formato electrónico válido, isto é, escrituras e bastanteo do poder en copia electrónica auténtica, certificacións tributarias e da Seguridade Social con código de verificación electrónica (CVE) e declaracións do/a interesado/a con sinatura electrónica pode presentala en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia xunto coa solicitude normalizada do procedemento (FA701B) que atopará na sede electrónica da Xunta de Galicia e que deberá ser debidamente cuberta e asinada  electronicamente.

A presentación da documentación realizarase con antelación suficiente á licitación á que se presenten, para a súa tramitación polo Rexistro Xeral de Contratistas.

INFORMACIÓN

Rexistro Xeral de contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia

Teléfono: 881 999 057 / 981 545 519.

Correo electrónico: rxccagalicia@conselleriadefacenda.es

 

 

 

ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA