Volver ao contido

Notas de prensa

A Oferta de Emprego Público da Administración Xeral da Xunta para 2018 medra ata as 2.225 prazas, o triplo que en 2017

A Oferta de Emprego Público da Administración Xeral da Xunta para 2018 medra ata as 2.225 prazas, o triplo que en 2017

  • O Goberno galego esgota un ano máis a taxa de reposición que marca o Estado
  • Do total de prazas, 1.448 son de acceso libre e unha parte delas pode ofertarse grazas aos procesos de estabilización e de consolidación
  • No eido das consellerías a Xunta oferta 204 prazas de auxiliares e 217 de subalterno
  • O servizo de extinción reforzarase con 70 novas prazas de bombeiros forestais
  • No eido social, ofértanse 165 prazas de auxiliares de clínica, 55 de psicólogos, 51 de educadores sociais e 36 de traballadores sociais
  • Tamén se inclúen 200 prazas para a promoción interna do persoal funcionario
  • Outras 577 prazas resérvanse para o primeiro proceso xeral de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta, un fito na historia da función pública galega
  • Con esta oferta, que foi aprobada co voto a favor dos sindicatos CC.OO e UGT, a Xunta cumpre xa máis da metade das 15.000 prazas comprometidas no Plan de Estabilidade ata 2020
  • A reserva para a discapacidade en prazas de acceso libre é do 9,4%, por riba do 7% que establece a lei

A oferta de emprego público da Administración Xeral da Xunta de Galicia para o ano 2018 disporá dun total de 2.225 prazas, o que supón esgotar un ano máis a taxa de reposición que permite o Estado neste ano e, ademais, triplicar a cifra de prazas ofertadas no pasado exercicio, segundo establece o decreto aprobado hoxe polo Consello da Xunta e que será publicado nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O aumento de prazas ofertadas é consecuencia da recuperación económica e tamén dos acordos acadados coas organizacións sindicais, e ten un dobre obxectivo: garantir a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida opositar para traballar na Xunta de Galicia, e garantir o dereito á promoción profesional dos empregados públicos que xa están traballando na Administración galega.

A oferta de emprego público no eido da Administración xeral para 2018, aprobada hoxe, súmase ás ofertas de emprego no eido sanitario –aprobada a semana pasada no Consello da Xunta– e no eido educativo, que xa foi aprobada e executada no período habitual, antes do inicio do curso escolar. En total, o número de prazas ofertadas este ano pola Xunta de Galicia chega a 5.736 prazas, o que supón a cifra máis alta desde o ano 2008.

Do total de prazas na Administración Xeral, 1.448 son de acceso libre –polo tanto, abertas a persoas que queiran traballar na Xunta–, mentres que as 777 restantes están reservadas para a promoción interna do persoal da Xunta de Galicia, incluíndo neste apartado o primeiro proceso xeral de funcionarización do persoal laboral fixo que se fai na Administración galega.

Dentro do acceso libre, as novas prazas permitirán reforzar eidos de actuación prioritarios na Xunta de Galicia como os servizos sociais, a loita contra a fraude fiscal, o servizo de extinción e prevención de incendios, o asesoramento xurídico ou os servizos xerais e de administración.

Por exemplo, a oferta de emprego aprobada hoxe inclúe 204 prazas de auxiliares (C2); 217 de persoal subalterno; 70 no servizo de prevención de incendios, na escala de bombeiro forestal (C2); 165 de auxiliares de clínica (C2); 55 de psicólogos (A1); 51 de educadores sociais (A2); ou 36 prazas de traballadores sociais (A2).

Máis estabilidade no emprego público
Dentro das prazas de acceso libre, unha parte -946 prazas- pode ofertarse grazas ao proceso de estabilización do emprego temporal, cumprindo os acordos existentes sobre o Plan de estabilidade no emprego dos servizos públicos, asinado coas organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSIF.

En concreto, a oferta de emprego público para 2018 inclúe prazas para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas que responden a necesidades estruturais, dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. Tamén se incorporan prazas para a consolidación de emprego temporal, sendo tamén prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e desempeñadas interinamente con anterioridade a xaneiro de 2005, como establece o Estatuto Básico do Empregado Público de 2015.

O obxectivo da Xunta é situar a taxa de cobertura temporal no 7%, un obxectivo máis ambicioso que no conxunto do Estado. Os procesos de consolidación e estabilización que se convoquen faranse polo sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos que deberán garantir a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, respectando a libre concorrencia.

Promoción interna e funcionarización
Ás prazas de acceso libre súmanse outras 200 prazas para a promoción interna de persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución.

Ademais, como novidade este ano, inclúense outras 577 prazas para o proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo. Hai que ter en conta que este será o primeiro proceso global de funcionarización que desenvolve a Administración galega en toda a súa historia, un proceso previsto na Lei de Emprego Público de 2015 e que foi pactado entre a Administración e os sindicatos en diversos acordos.

Con esta oferta de emprego público, que recibiu o voto favorable dos sindicatos UGT e CC.OO., a Xunta de Galicia ten ofertado xa máis da metade das 15.000 prazas comprometidas no Plan de estabilidade no emprego público para o período 2017-2020, asinado entre a Administración autonómica e as organizacións sindicais.

Discapacidade
A reserva de prazas para persoas que acrediten discapacidade nesta oferta de emprego público acada o 9,37% nas prazas de acceso libre, e unha parte delas será para o acceso de persoas con discapacidade intelectual. A reserva é maior do que establece a lexislación, que marca un mínimo do 7% para facilitar o acceso da discapacidade á función pública.


Personal funcionario en sanidade
Ademais do decreto de oferta de emprego público da Administración Xeral, o Consello da Xunta tamén deu luz verde a outro decreto de oferta de emprego público para persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989), cun total de 61 prazas, das cales 7 corresponden á taxa ordinaria de reposición de efectivos e 54 á taxa adicional para a estabilización de emprego temporal no sector da saúde pública e administración sanitaria.

Entre as clases que serán obxecto de oferta destacan as de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos ou farmacéuticos inspectores de saúde pública.

(ADXÚNTASE ANEXO COAS PRAZAS)

 

1. ACCESO LIBRE

 

 

ADMINISTRACIÓN XERAL

TOTAL PRAZAS

Corpo superior (A1)

74

Escala de letrados (A1)

4

Escala superior de finanzas (A1)

5

Escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1)

1

Corpo de xestión (A2)

30

Escala técnica de finanzas (A2)

18

Escala técnica de estatísticos (A2)

2

Escala de xestión de sistema de informática (A2)

7

Corpo administrativo (C1)

31

Escala técnica auxiliar de informática (C1)

20

Corpo auxiliar (C2)

204

Persoal funcionario subalterno

217

 

TOTAL ADM.XERAL

 

613

 

 

 

 

ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

TOTAL PRAZAS

Escala de arquitectos (A1)

10

Escala de enxeñeiros (A1)

29

Escala de ciencias (A1)

34

Escala de veterinarios (A1)

38

Escala de inspección urbanística (A1)

7

Escala de facultativos de servizos sociais (A1) - Medicina

37

Escala de facultativos de servizos sociais (A1) - Psicoloxía

55

Escala de profesores num. de inst. polit. marítimo-pesqueiros (A1)

40

Escala de arquitectos técnicos (A2)

15

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (A1)

2

Escala de enxeñeiros técnicos (A2)

85

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (A2) – Educadores

51

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (A2) – Traballo Social

36

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (A2) – Enfermaría

34

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (A2) – Fisioterapia

10

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (A2) – Terapia Ocup.

33

Escala de mestres de taller de institutos polit.marítimo-pesqueiros (A2)

2

Escala de axentes do servizo de gardacostas (subgrupo C1)

10

Escala de auxiliares de clínica (C2)

165

Servizo de prev. e defensa contra incendios (C2) – Bombeiro Forestal

70

 

TOTAL ADM.ESPECIAL

 

763

 

 

 

 

PERSOAL LABORAL

TOTAL PRAZAS

Grupo I

15

Grupo II

10

Grupo III

8

Grupo IV

37

Grupo V

2

 

TOTAL PERSOAL LABORAL

 

72

 

 

 

 

2. PROMOCIÓN INTERNA – PERSOAL FUNCIONARIO

 

 

ADMINISTRACIÓN XERAL

TOTAL PRAZAS

Corpo superior (A1)

20

Corpo de xestión (A2)

60

Corpo administrativo (C1)

95

Corpo auxiliar (C2)

25

 

TOTAL PROM. INTERNA – PERS. FUNCIONARIO

 

200

 

 

 

 

3. FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

 

 

ADMINISTRACIÓN XERAL

TOTAL PRAZAS

Corpo superior (A1)

56

Corpo de xestión (A2)

13

Corpo administrativo (C1)

64

Corpo auxiliar (C2)

169

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

230

Escala de xestión de sistema de informática (A2)

9

Escala técnica auxiliar de informática (C1)

36

 

TOTAL FUNCIONARIZACIÓN DO PERSOAL LABORAL FIXO

 

577