Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

  • O período medio de pago de Galicia foi de 10,91 días, 14 días por debaixo da media autonómica
  • A débeda comercial foi tamén a segunda máis baixa de España

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021.- Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 10,91 días, 14 días inferior ao da media de comunidades autónomas que foi de 25,30 días. Ademais, tamén se situou 19 días por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.
 
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Hacienda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de abril no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,24%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 2.856 millóns de euros, dos que 63 millóns –o 2,2%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Hacienda volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Abril de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia

4,58

 

MEDIA CC.AA.

25,30

Galicia

10,91

Navarra*

25,47

Canarias

14,94

Castilla y León

26,78

Cantabria

17,79

La Rioja

26,80

Andalucía

18,17

Asturias

27,42

País Vasco*

18,24

Aragón

28,83

Extremadura

18,77

Castilla- La Mancha

29,88

Madrid

23,73

Cataluña

35,24

Valencia

23,76

Baleares

35,79