Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta nomea directora xeral de Planificación e Orzamentos a Almudena Chacón Pichel

O Consello da Xunta nomea directora xeral de Planificación e Orzamentos a Almudena Chacón Pichel

  • É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais e ata o de agora ocupaba o cargo de interventora Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Almudena Chacón Pichel como directora xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Nada na Coruña en 1973, é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, na especialidade de Empresariais pola Universidade da Coruña e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia (grupo A1) desde o ano 2001. Ademais dispón do Máster in fiscal studies pola Universidade de Bath (Reino Unido) e do diploma de directivo da Xunta, entre outros.

Almudena Chacón comezou a súa carreira administrativa no ano 2001 como xefa do Servizo de fiscalización e contabilidade na Intervención Delegada da Consellería do Medio Rural (2001-2005), posteriormente foi interventora delegada da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (2005-2009), e tamén subdirectora xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas na Intervención Xeral da Consellería de Facenda (2009-2011).

Desde o 2012 e ata o de agora, Almudena Chacón viña desempeñando o posto de interventora Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na Consellería de Facenda e Administración Pública.