Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta nomea interventor xeral da Comunidade Autónoma a Arturo López Iglesias

O Consello da Xunta nomea interventor xeral da Comunidade Autónoma a Arturo López Iglesias

  • É licenciado en Matemáticas e ata o momento ocupaba o posto de auditor no Consello de Contas de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Arturo López Iglesias como interventor xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nado na Estrada en 1973, é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e funcionario da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia (grupo A1) desde o ano 2004. Ademais ten un Máster en Administración Financeira e Tributaria (USC), un Máster en Big Data e Business Analitycs pola Universidade Complutense de Madrid, e un curso de postgrao en Dereito Tributario pola Universidade de Santiago de Compostela, entre outros.

Arturo López desenvolveu a súa carreira administrativa como subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario na Consellería de Cultura (2008-2010), posteriormente foi subdirector xeral de Planificación Económica na Consellería de Facenda (2010-2012) e subdirector xeral de Programación Financeira do Sector Público na Consellería de Facenda (2012-2017).

Desde o 2017 e ata o de agora, Arturo López viña desempeñando o posto de auditor no Consello de Contas de Galicia.