Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

  • A ratio débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase en niveis prepandemia
  • O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento
  • Cada galego debe 2.436 euros menos que a media autonómica

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021.- Galicia amplía ata 8,1 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao terceiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España.
En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase no 18,5%, en niveis prepandemia. Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, que é 8,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades (26,6%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
Ademais, Galicia tamén pechou o terceiro trimestre sendo a 2ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.174 euros fronte aos 6.610 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.436 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder pasar da reactivación á recuperación.

 

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

 

 

 

3ºT 2021

1

Canarias

14,2

2

Madrid

15,1

3

País Vasco*

16,3

4

Navarra*

18,3

5

GALICIA

18,5

6

La Rioja

19,8

7

Asturias

22,8

8

Castilla-León

23,3

9

Andalucía

23,3

10

Aragón

25,0

11

Cantabria

25,6

 

TOTAL CCAA

26,6

12

Extremadura

26,7

13

Baleares

29,4

14

Murcia

37,0

15

Cataluña

37,2

16

Castilla-La Mancha

38,7

17

Comunidad Valenciana

47,8

 

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 

3ºT 2021

1

Canarias

2.814

2

Galicia

4.174

3

Andalucía

4.285

4

Extremadura

4.907

5

Asturias

5.040

6

Madrid

5.057

7

La Rioja

5.221

8

País Vasco

5.249

9

Castilla-León

5.488

10

Navarra

5.499

11

Cantabria

5.876

 

MEDIA CC.AA.

6.610

12

Aragón

6.736

13

Murcia

7.458

14

Castilla-La Mancha

7.616

15

Baleares

7.693

16

Valencia

10.366

17

Cataluña

10.813