Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pecha o segundo trimestre do ano sendo a 3ª comunidade con menor endebedamento por habitante de España

Galicia pecha o segundo trimestre do ano sendo a 3ª comunidade con menor endebedamento por habitante de España

  • Cada galego debe 2.131 euros menos que a media autonómica
  • O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento
  • O endebedamento de Galicia sitúase 6,8 puntos por debaixo da media de comunidades 
  • No segundo trimestre, a comunidade galega baixou tres décimas a ratio débeda/PIB

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021.- Galicia pechou o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.476 euros fronte aos 6.607 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.131 euros menos que a media autonómica.

Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 20,1% ao peche do segundo trimestre do ano e baixou tres décimas respecto ao primeiro trimestre (20,4%). Ademais, este indicador é 6,8 puntos inferior ao da media de comunidades (26,9%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 

2ºT 2021

1

Canarias

2.929

2

Andalucía

4.185

3

Galicia

4.476

4

Asturias

4.802

5

Extremadura

5.029

6

Madrid

5.212

7

País Vasco

5.280

8

La Rioja

5.373

9

Navarra

5.503

10

Castilla-León

5.567

11

Cantabria

6.037

 

MEDIA CC.AA.

6.607

12

Aragón

6.745

13

Murcia

7.371

14

Castilla-La Mancha

7.637

15

Baleares

7.675

16

Valencia

10.255

17

Cataluña

10.673

 
RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
 

 

 

2ºT
2021

1

Canarias

15,0

2

Madrid

15,7

3

País Vasco*

16,6

4

Navarra*

18,5

5

GALICIA

20,1

6

La Rioja

20,5

7

Asturias

22,0

8

Andalucía

23,0

9

Castilla-León

23,8

10

Aragón

25,3

11

Cantabria

26,7

 

TOTAL CCAA

26,9

12

Extremadura

27,6

13

Baleares

29,7

14

Murcia

37,0

15

Cataluña

37,1

16

Castilla-La Mancha

39,2

17

Comunidad Valenciana

47,8