Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

  • O período medio de pago de Galicia foi de 18,27 días, oito días por debaixo da media autonómica

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2022.- Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia e Extremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública. 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 18,27 días, oito días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 26,60. Ademais, tamén se situou case 12 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 
  
En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,27%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,32%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.904 millóns de euros, dos que 172 millóns – o 4,4%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 

 

Período Medio de Pago – Novembro de 2021 (*CCAA réxime foral)

Murcia

 7,38

 

C.F. de Navarra

22,98

Extremadura

14,23

Madrid

25,79

Galicia

18,27

TOTAL CC.AA.

26,60

C. Valenciana

19,02

Andalucía

28,31

Castilla y León

19,30

Asturias

32,85

Cantabria

19,63

Cataluña

32,95

Castilla-La Mancha

20,43

Baleares

33,39

País Vasco*

20,90

Aragón

36,62

La Rioja

21,68

Canarias

40,92