Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia volveu ser en maio a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

Galicia volveu ser en maio a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

  • O período medio de pago de Galicia en maio foi de 15 días, o máis baixo de España, fronte aos 33,5 días da media autonómica
  • O último informe do Ministerio de Facenda sitúa de novo a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España
  • Galicia xa foi a comunidade líder no ano 2018 e pechara o primeiro trimestre de 2019 en segunda posición, pero en abril recuperou o liderado

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019.- Galicia volveu ser no mes de maio a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas', publicado hoxe polo Ministerio de Facenda.

O período medio de pago en Galicia reduciuse a 15 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 33,5 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.

En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,08%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,36%. Ao peche do mes de maio, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.468,8 millóns de euros, dos que 53,6 millóns –o 1,2% do total- corresponden a Galicia.

Galicia xa foi a comunidade líder no ano 2018 en axilidade no pagamento aos seus provedores, e neste 2019 rematou o primeiro trimestre do exercicio en segunda posición e no mes de abril recuperou o liderado nesta materia. Os datos oficiais mostran que Galicia conseguiu manter no mes de maio este liderado.

 

Período Medio de Pago – Maio 2019 (*CCAA réxime foral)

Galicia

15,0

 

Castilla-La Mancha

26,7

Andalucía

17,4

Aragón

28,9

Canarias

18,7

TOTAL CC.AA.

33,5

País Vasco*

20,2

Cantabria

41,3

Extremadura

21,8

Murcia

42,8

Asturias

22,1

La Rioja

42,9

Castilla y León

23,7

Cataluña

43,2

Navarra*

24,5

C. Valenciana

49,4

Madrid

26,0

Baleares

51,3