Saúda da conselleira

Presentamos novos orzamentos, pero mantemos as nosas prioridades, continuar un exercicio máis garantindo a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento da prestación dos servizos públicos esenciais.

 

A dificultade é ter menos recursos e a necesidade é prestar mellores servizos, un reto que seremos capaces de afrontar cunha mellor distribución e cunha especial atención pola xente que máis o necesita.


Nesta conxuntura adversa nacen as primeiras contas da lexislatura, cun dobre obxectivo. Por un lado, seguir no ano 2013 na senda de rigor e a prudencia que teñen levado a esta comunidade a ser un referente no control do déficit público; e, por outro, comezar a sentar as bases que nos permitan comezar a reactivar a economía co fin de recuperar o antes posible o crecemento.


Para iso, incluímos un novo instrumento, o Fondo para o Crecemento, que, ligado ao Plan Estratéxico de Galicia, ten que servir para poder facer compatibles estas dúas pretensións, que contribuirán a mellorar a coordinación de políticas públicas na busca dunha maior eficacia nos investimentos.


Este ano aínda será difícil, pero, co compromiso de todos, lograremos salvar as dificultades e iniciar o camiño que ten que levar a Galicia a superar a crise económica e  encarar de novo o crecemento.

 


: Elena Muñoz Fonteriz

Temas relacionados