Saúda da conselleira

Os Orzamentos da Xunta para 2015 teñen como obxectivo afondar nunha recuperación económica que xa se iniciou, pero que agora é prioritario que tome impulso e se traduza nunha mellor situación económica para o conxunto da cidadanía.

 

A primeira novidade destas contas é que experimentan un incremento respecto ao exercicio vixente. É certo que se trata dun crecemento leve, pero estes Orzamentos permitirán destinar menos recursos a débeda e máis a gasto produtivo e aos servizos públicos, é dicir, ás persoas.

As prioridades non teñen mudado. A creación de emprego, a loita contra o paro –sobre todo o xuvenil-, o reforzo do gasto social e o impulso á reactivación económica a través dun maior esforzo investidor en innovación e na internacionalización do noso tecido empresarial son as pedras angulares destes Orzamentos, elaborados co máximo realismo.

Mantemos o convencemento de que o rigor no gasto e no control das contas públicas é a mellor fórmula para darlle un pulo á nosa economía, porque quedou demostrado que tamén foi unha ferramenta eficaz nos peores momentos da crise. Agora, aspiramos a que estes Orzamentos sirvan para seguir avanzando nesa recuperación.

 

: Elena Muñoz Fonteriz

Temas relacionados