Actualidade
  • FEIJÓO: "OS ORZAMENTOS 2013 CUMPREN OS NOSOS OBXECTIVOS COMO REXIÓN EUROPEA, COMO COMUNIDADE DA ESPAÑA AUTONÓMICA, COS SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS E INICIAN UNHA POLÍTICA DE CRECEMENTO ECONÓMICO"
    • Subliña que estes presupostos preséntanse no prazo máis breve posible, 16 días despois de tomar posesión o Goberno, o que fará posible que mañá se entreguen á Cámara e que na última semana de febreiro sexan aprobados no Parlamento
    • Lembra que facer uns presupostos realistas ten sido a prioridade da Xunta en 2009, 2010, 2011, 2012 "e esa mesma prioridade –asegura- mantense para 2013"
    • Destaca que as contas de 2013 elabóranse desde a perspectiva de manter a estabilidade orzamentaria de acordo cos compromisos dunha comunidade solvente
    • Resalta que os servizos públicos esenciais ocupan o 77% da totalidade do gasto da Xunta: "Nunca o gasto social tivo tanto peso nuns orzamentos da Xunta"
    • Os orzamentos fan un esforzo especial para blindar os colectivos máis desfavorecidos e a RISGA increméntase arredor dun 40%; incremento que vén a sumarse ao 13% que se incrementou en 2012
    • Recoñece e valora o esforzo de todos os funcionarios públicos da Xunta, que no ano 2013 incrementarán de media o salario real percibido no 2012; e terán a posibilidade de solicitar un anticipo para percibir, na próxima nómina, o 50% da súa paga extraordinaria do mes de xuño
    • Salienta a creación dun Fondo para o Crecemento, dotado con 386 millóns de euros
    • Avanza a decisión de diminu ír unha serie de impostos de forma selectiva
  • PRESENTACIÓN ORZAMENTOS 2013

    Presentación do Proxecto de Orzamentos

     

      

Mostrando o intervalo 1 - 2 de 15 resultados.
Resultados por páxina 2
de 8
Temas relacionados