Actualidade
  • XUNTA INCLÚE NOS ORZAMENTOS DE 2013 UN FONDO DE CRECEMENTO DOTADO CON 386 MILLÓNS DE EUROS
    • O Goberno galego anticipará a metade de paga extra de xuño á nómina de xaneiro aos empregados públicos que o soliciten
    • O gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais subirá ata o 77%, case 9 puntos máis que en 2009
    • As contas aprobadas polo Consello garanten a redución do déficit e manteñen a solvencia da Facenda autonómica e o Estado do Benestar
    • A Xunta ten que prestar os servizos públicos que os galegos necesitan cun nivel de recursos equivalentes aos do ano 2006
    • Galicia continuará liderando o vindeiro ano o esforzo investidor das CC.AA.
    • A caída do 2,5% do gasto non financeiro débese fundamentalmente a que Galicia seguirá diminuíndo o seu déficit e se endebedará en 464 millóns de euros menos
    • A Comunidade galega foi a terceira autonomía que menos se endebedou durante a época de crise
    • A economía galega pechará este ano mellor do esperado e tamén se comportará mellor que a española en 2013
    • Seguirá facendo rebaixas selectivas nos impostos sobre a vivenda entre o 20 e o 66% para os colectivos máis necesitados
    • Fixará novas deducións para favorecer os negocios dos emprendedores
  • A XUNTA REFORZA EN 2013 O GASTO NAS PROVINCIAS DE LUGO E OURENSE PARA SEGUIR IMPULSANDO O REEQUILIBRIO TERRITORIAL

    Os orzamentos galegos diminuirán tres veces menos que a media de CC.AA.

     

    • O investimento por habitante na provincia de Ourense será de 778 euros e na de Lugo de 767, un 50% máis que nas de A Coruña e Pontevedra
    • Os vindeiros orzamentos autonómicos serán os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto en sanidade, educación e servizos sociais
    • A conselleira de Facenda subliña que con estas contas a Xunta pensa no presente e no futuro para que Galicia sexa das primeiras autonomías en saír da crise
    • Galicia manterá un esforzo investidor catro veces superior ao conxunto de autonomías
    • A Xunta mantén o seu compromiso cos concellos, que acumulan un financiamento adicional de 78 millóns de euros desde 2010
    • A pesar das restricións financeiras tamén garante o cumprimento do sistema de financiamento das universidades
    • O control do endebedamento permite que Galicia sexa a comunidade que menos aumenta os seus gastos financeiros
    • Un fondo específico permitirá priorizar o Plan Estratéxico para sentar as bases para que Galicia recupere esta lexislatura a senda do crecemento 
Mostrando o intervalo 3 - 4 de 15 resultados.
Resultados por páxina 2
de 8
Temas relacionados