Actualidade

  • A XUNTA PON EN VALOR O ESFORZO QUE PERMITIRÁ MANTER ESTABLE O FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL NOS ORZAMENTOS DE 2014
    • A Administración autonómica destinará ao Fondo de Cooperación Local 113 millóns de euros o vindeiro ano
    • Tamén manterá a cuantía do Fondo de Compensación Ambiental
    • O vicepresidente da Xunta e a conselleira de Facenda mantiveron hoxe un encontro coa directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias
  • A CONSELLEIRA DE FACENDA ANUNCIA A SINDICATOS E PATRONAL UNHA MELLORA NA EVOLUCIÓN DA ECONOMÍA GALEGA PARA 2014
    • Galicia crecerá o vindeiro ano un 0,8%, dúas décimas máis do inicialmente previsto, e a taxa de paro reducirase ao 21,7%, cinco décimas mellor que o estimado
    • Elena Muñoz Fonteriz trasladoulles as liñas básicas dos Orzamentos para 2014, e explicoulles que a Comunidade galega seguirá converxendo con España e manterá o diferencial positivo na taxa de desemprego
    • Tamén destacou que serán as contas menos restritivas dos últimos cinco anos
    • Serán os orzamentos máis sociais na historia da Autonomía, e neles incrementaranse as partidas que reforzan a solidariedade e o benestar dos cidadáns mantendo o maior esforzo investidor posible
    • Lembrou que a Xunta implantará un novo plan de loita contra a fraude fiscal e equiparará o imposto sobre hidrocarburos coa maioría das comunidades, co que se blindará o gasto social sen afectar ao transporte nin ao sector primario
  • OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2014 PERMITIRÁN CONSOLIDAR O CAMBIO DE TENDENCIA ECONÓMICA E DEDICARÁN CASE 8 DE CADA 10 EUROS A GASTO SOCIAL
    • O Goberno galego incrementará un 7% o Fondo de Crecemento, que contará con 412 millóns para dinamizar e reactivar a economía
    • Por primeira vez dende que se iniciou a crise, Galicia recuperará taxas positivas de crecemento e reducirá a taxa de desemprego
    • O gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais subirá ata preto do 80%, case 10 puntos máis que en 2009, polo que son as contas máis sociais da historia
    • O orzamento para 2014 situarase en 8.391 millóns de euros, cunha capacidade de gasto semellante á deste exercicio
    • Froito da xestión prudente, responsable e solvente dos últimos anos, as contas aprobadas hoxe polo Consello da Xunta garanten de novo a redución progresiva do déficit e o control do endebedamento
    • En materia fiscal, Galicia aproba unha rebaixa do tramo máis baixo do IRPF, incentiva o sector das renovables, facilita o relevo xeracional e reforza o gasto social coa equiparación do imposto de hidrocarburos
    • Tamén levará a cabo un novo plan de loita contra a fraude fiscal para recadar 50 millóns de euros adicionais
    • Galicia compatibilizará o maior esforzo posible en investimentos con atender ás persoas máis necesitadas, reforzando as partidas en dependencia, na Risga, emerxencia social e en comedores escolares
    • O Goberno galego manterá o esforzo de financiamento da Administración local e das universidades, que terán 36,5 millóns máis que en 2009
  • A XUNTA PRIORIZARÁ EN 2014 O GASTO NAS PROVINCIAS DE LUGO E OURENSE PARA FORTALECER O REEQUILIBRIO TERRITORIAL
    • O investimento por habitante na provincia de Lugo será de 728 euros e na de Ourense de 704, case un 50% máis que nas de A Coruña e Pontevedra
    • A conselleira de Facenda entregou hoxe no Parlamento o proxecto de lei de Orzamentos para 2014, que serán os máis sociais da historia da Autonomía
    • Muñoz Fonteriz lembra que as contas de 2014 son realistas e están baseadas no rigor e na responsabilidade
    • O investimento no plan galego de I+D+i medra un 90% e a posta en valor do medio rural aumenta un 13,8%
    • A Xunta mantén o seu compromiso cos concellos, que acumulan un financiamento adicional de 84 millóns de euros desde 2010, e coas tres universidades galegas
    • O fondo específico para o crecemento refórzase ao incrementar a súa contía un 7%
    • Por primeira vez dende o inicio da crise, Galicia recuperará taxas positivas de crecemento e reducirá o desemprego
Mostrando o intervalo 1 - 4 de 14 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados