Volver ao contido

Planificación e Fondos

As actuacións de racionalización do patrimonio inmobiliario da Xunta rebaixaron máis dun 20% o gasto en alugueiros no que vai de lexislatura

As actuacións de racionalización do patrimonio inmobiliario da Xunta rebaixaron máis dun 20% o gasto en alugueiros no que vai de lexislatura

O Goberno galego aforra cada ano 1,6 millóns de euros co aproveitamento de inmobles propios e a renegociación á baixa de alugueiros

As actuacións postas en marcha pola Xunta de Galicia para racionalizar o patrimonio inmobiliario autonómico permitiron rebaixar en máis dun 20% o gasto en alugueiros no que vai de lexislatura, cun aforro anual de 1,6 millóns de euros. Desta forma, as resolucións de contratos e as rebaixas de rendas dos novos contratos conseguiron rebaixar a partida anual de 7,6 a 6 millóns de euros.

O Goberno galego continuará no que resta de lexislatura na busca da máxima eficiencia na utilización e ocupación dos espazos co obxecto de reducir os contratos de arrendamentos subscritos. Trátase de facer políticas de contención dos gastos xerais de funcionamento e establecer plans de aforro do gasto corrente nas unidades e centros dependentes.

As actuacións levadas a cabo polo Goberno galego teñen como finalidade a aplicación do principio de austeridade do gasto público e proseguirán neste liña de racionalización e eficiencia.

Así, todas estas medidas enmárcanse no acordo adoptado polo Consello da Xunta o 4 de xuño de 2009 polo que se aprobaba o plan de austeridade no gasto público da Comunidade Autónoma. Este plan pretendía axustar a actuación da Administración á situación de crise económica, evitando gastos innnecesarios e fomentando políticas de aforro.

Actuacións de racionalización
O Executivo autonómico conseguiu este aforro grazas á súa política de reestruturación de dependencias da Administración galega, consistente en tres tipos de actuacións como a eliminación de alugueiros e o aproveitamento dos inmobles propios; cando isto non é posible, renegociando á baixa o custe dos mesmos; e limitando ao máximo os novos contratos.

Con respecto á resolución de arrendamentos, analizáronse as distintas posibilidades de maximizar os espazos que ten en propiedade a Administración xeral, aproveitando aqueles derivados das modificacións das estruturas orgánicas da Xunta de Galicia e revisando e reorganizando a súa ocupación.

Tamén, dada a situación do mercado, revisáronse 21 contratos susceptibles de rescisión automática, co obxecto de renegociar o prezo do arrendamento: sete en Santiago de Compostela; tres na área de A Coruña e Pontevedra, respectivamente; dous na de Lugo e seis na de Ourense.

Así, en múltiples casos, unha vez rematado o prazo de duración pactado por contrato, procedeuse a negociar cos propietarios a baixada da renda a pagar, co fin de adaptar o prezo á realidade do mercado naqueles casos nos que non se contaba cun local alternativo.