Consellería de Facenda
Actualidade
Martes, 21 Decembro 2010 14:34
O PARLAMENTO GALEGO APROBOU OS ORZAMENTOS AUTONÓMICOS PARA O ANO 2011
  • A conselleira de Facenda salienta que son unha contas "sociais, solventes e realistas"
  • Fernández Currás resalta que cumpren os compromisos de "estabilidade orzamentaria" e manteñen o seu carácter "social"

Santiago, 21 de decembro de 2010.- A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, amosou hoxe a súa “satisfacción” pola aprobación, por parte do Parlamento autonómico, dos orzamentos da Comunidade galega para o vindeiro ano,  que cualificou de “sociais, solventes e realistas”.

O PARLAMENTO GALEGO APROBOU OS ORZAMENTOS AUTONÓMICOS PARA O ANO 2011

Fernández Currás proclamou que estes orzamentos “son os que neste momento necesita Galicia”, ao tempo que resaltou que se cumpren os compromisos de “estabilidade orzamentaria”, e manteñen o seu carácter “social”. Así, apuntou que “tres de cada catro euros son para gasto social”.

De igual maneira, tras poñer de manifesto que se “blinda” a aquelas consellerías que dedican a súa acción ao ámbito social, a titular de Facenda indicou que é “lóxico” o descenso orzamentario naqueles departamentos que se ocupan doutros ámbitos. “Era necesario para manter a blindaxe social”, reiterou.

Marta Fernández Currás lembrou tamén que estes orzamentos están acompañados dun plan estratéxico 2010-2014 e con cinco eixos fundamentais para a “cohesión social” e para o cambio do modelo produtivo.

A conselleira tamén amosou o seu “agradecemento” aos tres grupos políticos con representación na Cámara Autonómica polo seu traballo parlamentario.

  

 
Temas relacionados
  • Ir a presentación Orzamentos 2011
  • Ir a Plan Estratéxico 2010-2014
  • Ir a Orzamentos 2010
Xunta de Galicia
Pode suscribirse ás novidades desta web Pode subscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds
© Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Facenda
Aviso legal | Antendémolo/a