Actualidade

  • MUÑOZ FONTERIZ DESTACA QUE OS ORZAMENTOS DE 2014 SENTAN AS BASES PARA INICIAR UN CRECEMENTO SOLIDARIO, SOSTIBLE E ESTABLE
    • A conselleira de Facenda sostén que as contas de 2014 permitirán iniciar a recuperación económica e consolidala en exercicios vindeiros
    • Lembra que Galicia conta cunha mellor situación macroeconómica e financeira, que ten que servir "para apuntalar as novas políticas de crecemento e emprego partindo da blindaxe dos servizos sociais"
    • O custe financeiro que afronta Galicia é dos máis baixos dos soportados polas comunidades autónomas
    • En 2014, a Xunta reforzará o gasto social dedicando case o 80% do orzamento e incrementando as partidas máis sensibles e necesarias
    • No ámbito fiscal, mellorará a progresividade rebaixando o tramo máis baixo do IRPF e afondando na loita contra a fraude fiscal cun novo plan de inspección
    • Galicia terá o vindeiro ano os orzamentos menos restritivos dos últimos anos e servirán para potenciar o desenvolvemento dos sectores produtivos
  • RUEDA DESTACA A APOSTA DOS ORZAMENTOS DA XUNTA POLA EFICIENCIA DA ADMINISTRACIÓN E A CALIDADE DOS SERVIZOS
    • O vicepresidente da Xunta compareceu hoxe no Parlamento para dar conta das liñas xerais do orzamento do seu departamento para o vindeiro ano
    • As contas de Vicepresidencia blindan as áreas de xustiza, emerxencias, cooperación ao desenvolvemento, igualdade e loita contra a violencia de xénero
    • Por vez primeira todos os programas de gasto de todas as consellerías contan con valoración de impacto de xénero
    • Fomentarase que a Asesoría Xurídica preste asistencia aos entes instrumentais e sube o orzamento da EGAP un dez por cento
    • As subvencións a concellos para realizar infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais aumenta un 60 por cento
  • OS ORZAMENTOS DE MEDIO AMBIENTE PERMITIRÁN MOBILIZAR EN 2014 MAIS DE 180 MILLÓNS DE EUROS PARA ACTUACIÓNS HIDRÁULICAS DESTINADAS SOBRE TODO A SANEAMENTO

    Hernández insistiu hoxe na necesidade de acadar pactos en relación co territorio, a auga e a xestión dos residuos para manter políticas perdurables no tempo 

    • A Consellería disporá no 2014 de mais de 625 millóns de euros, cifra que Hernández considera consecuente coa realidade económica e coa política de primar o investimento sanitario, social e educativo
    • As prioridades do departamento seguirán a ser o saneamento das rías, a conservación de estradas, a posta a disposición de vivendas de protección e unha atención especial aos instrumentos de ordenación e protección do territorio
    • Porá en servizo en 2014 a variante de Noia, o treito 3 da VAC Tui –A Guardia e a Rotonda de Sabón, entre otras infraestruturas, e continuará con eixes estratéxicos como a Autovía da Costa da Morte e a VAP Sarria-Monforte
  • ECONOMÍA INCREMENTA O INVESTIMENTO EN INNOVACIÓN NUN 33% CO CONVENCEMENTO DE QUE É UN EIXO "CLAVE CARA O CRECEMENTO"
    • Un de cada tres euros dos orzamentos da Consellería de Economía e Industria destinaranse á innovación, chegando a mobilizar máis de 130 millóns no 2014
    • Mantense a aposta pola internacionalización, cunha partida de 20 millóns de euros, e impúlsase a captación de investimentos con programas que permitirán mobilizar 150 millóns
    • No eido da enerxía impulsarase o sector eólico e poñerase en marcha o Plan de Acción Integral da Biomasa térmica, que xerará unha nova industria creadora de emprego rural e contribuirá á prevención de incendios
    • "A mellor política social que podemos ofrecer é a política do desenvolvemento económico e a creación de emprego", destaca o conselleiro 
    • Salienta que na situación económica actual o obxectivo é trasladar os primeiros datos positivos a nivel macroeconómico á economía das familias e das empresas
Mostrando o intervalo 5 - 8 de 14 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados